Dixitalización do son.Posto que o son se transmite por ondas analóxicas, o ordenador non é capaz de traballar con el. Ese é o motivo polo que un ordenador ha de converter o sinal analóxico dos sons en sinal dixital, proceso que se denomina dixitalización do son.
E este proceso repítese en sentido contrario cando é o ordenador o que ha de xerar son para que se oian mediante uns altofalantes, cascos musicais...
A dixitalización dun son supón tomar mostras do sinal sonoro (mostraxe) cada certo tempo (frecuencia de mostraxe) e medir a intensidade do sinal analóxico (I). Cuantas máis veces mídase o sinal sonoro por segundo (frecuencia de mostraxe alta), e canto maior sexa o rango para medir a intensidade (maior número de bits para ter máis valores), mellor calidade terá o son dixitalizado e máis parecerase ao son real.
Formatos de son.
- WAV···> É o formato estándar; nestos arquivos se almacenan sons reais en forma dixital.
- MIDI···> Nestos arquivos non se gardan sons reais, senon ordes para que un sintetizador musical xenere a música. Ocupan bastante menos espacios que os arquivos de son real, aínda que teñen peor calidade.
- MPS···> Son análogos aos WAV, aínda que almacenan o son real comprimido, polo que ocupan bastante menos espacio, con poca perda de calidade.
- OGG···> Formato de audio comprimido de gran calidade e sen limitación de distribucións, posto a que está baseado na licencia pública xeral de GNU.
- WMA···> Estos son os arquivos de audio del reproductor de Windows Media que ven incorporado en Windows; son arquivos comprimidos con boa calidade de son. Teñen a particulariedade de ascoitarse a medida que se van recibindo os ficheiros, algo fundamental para internet.
- Real Audio···> É un formato moi utilizado en internet, xa que a súa principal característica é que vai reproducindo amedida que se le, nun tempo real.
- MP3···> É un formato de compresión de audio dixital patentado que usa un algoritmo con perda para conseguir un menor tamaño de arquivo.
Grabacións.
- MÚSICA···>.Audacity é unha aplicación que permite gravar, editar e gardar os arquivos de audio dende varias fontes diferentes e en distintos formatos. Está disponible para Windows e para Linux.
- VOZ···> Pódese usar o grabador de sons que inclúe o sistema operativo. Esta utilidad soe estar incluída en tódolos programas de edición de son e vídio.
- CD DE AUDIO···> Para extraer música dun CD de audio haberá que recurrira programas específicos de extracción de audio digital, coñecido como ripeadores.O Reproductor de Windows Media ofrece a posibilidade de copiar canción no disco duro con formato wma ou mp3.
- TARXETA DE SON···>
- Entrada de línea de audio. Permite introducir, ao ordenador, son dun aparato externo: unha radio, unha cadea de música... (Azul)
- Porto MIDI/Joystick. Permite introducir son directamente dende un instrumento musical ou conectar un joystick para xogos. (Amarelo)
- Entrada de micrófono. Permite introducir son do exterior, voz, música... (Vermello)
- Salida para altavoces ou cascos. Permite conectar esos dispositivos para escoitar os distintos sons. (Verde)
- Salida de audio. Envía o son a un amplificador ou grabador externo. (Negro)